mércores, 30 de novembro de 2016

XENTE EMPRENDEDORA EN BARRANTES!

Quen somos?

Os rapaces e rapazas de 5º curso de Primaria do CPI Julia Becerra Malvar, de Barrantes, no Concello de Ribadumia, xunto cos nosos mestres decidimos montar... unha cooperativa! 😊


Unha cooperativa, para qué?


Os nosos obxectivos, entre outros son:

1. Aprender a traballar en grupo.
2. Aprender a tomar decisións pensando no grupo.
3. Aplicar os coñecementos do colexio á vida real.
4. Aprender como é o funcionamento dunha cooperativa, asociación ou dunha empresa.


 O Programa "Emprender en mi escuela" EME ,da Diputación de Pontevedra xunto coa empresa asturiana Valnaloneduca, era una boa vía para comenzar co nos Proxecto.


Que é EME?

"Emprender en mi escuela" é un Proxecto educativo dirixido ao alumnado de Educación Primaria.
O alumnado crea e xestiona unha cooperativa durante o curso escolar. Nela organízanse para fabricar productos artesanais que venden unha vez ao ano no mercado da súa localidade.

É dicir, unha boa oportunidade para traballar de xeito transversal as diferentes áreas de coñecemento do Currículo escolar e para facilitar a adquisición de todas e de cada unha das Competencias Básicas.

O alumnado é o protagonista e o centro da súa propia aprendizaxe. Un traballo desde a práctica, activo, cooperativo e significativo.
Participación real e efectiva do alumnado, para tomar decisión e afrontar riscos.
O papel do docente é de apoio, asesoramento e proposta de retos. Os alumnos e alumnas son...o centro do Proxecto: presente e futuro.